LexTotal

Intelixencia artificial

Que fai a IA por ti, dentro e fóra do despacho

Unha intelixencia artificial pensada para o traballo do despacho: le, propón e redacta, e ti revisas e decides. Sempre co artigo diante e sen inventar citas.

Próbao de balde 30 días Falar con Alexia

Dentro do teu despacho

  • Le o que che notifican. Sobes o decreto, o auto ou a sentenza e diche que é, resúmeo e saca as partes, o xulgado e o número de autos.
  • Propónche os prazos. Atopa «en el plazo de veinte días» e déixacho listo para calcular e anotar. Cada prazo vén coa frase literal do documento, para que o comprobes dunha ollada.
  • Atopa os sinalamentos. A audiencia previa ou o xuízo, coa súa data e a súa hora, a un botón da túa axenda.
  • Redacta o borrador. Demanda, contestación, recurso, escrito de trámite, burofax, carta ao cliente, informe, folla de encargo, notas para a vista ou o guión dunha presentación, cos datos do expediente xa postos.
  • Fai buscables os teus documentos. O que leu de cada un búscase desde calquera expediente.

Para calquera, de balde: Alexia

  • Pregúntalle por escrito ou de viva voz. «Canto dura como mínimo un alugueiro de vivenda?» Contéstache e enlázache o artigo.
  • Contesta co artigo diante. Antes de responder busca na lexislación consolidada os artigos que teñen que ver coa túa pregunta.
  • Fálache. Se queres, leche a resposta en voz alta.
  • 10 preguntas ao día sen rexistrarte.

Falar con Alexia

O que a IA non fai

Non inventa citasSó cita os artigos que ten diante, enlazados ao texto. Non cita sentenzas de memoria: mándate buscalas ao CENDOJ.
Non substitúe o profesionalO que produce é orientativo e pode conter erros. O avogado ou o procurador revísao todo e responde do seu traballo.
Non decide por tiPropón. Ningún prazo se anota e ningún escrito se garda sen que ti o confirmes.
Non le nada sen permisoSobre os teus documentos está desactivada ata que ti a actives, e só le o documento que ti lle indiques.

Da notificación á axenda en tres pasos

  1. Soltas o documento no expediente.
  2. A IA leo e amósache que é, que prazo abre e que sinalamento trae, coa frase de onde o saca.
  3. Ti confirmas. O programa calcula o vencemento cos teus festivos e anótao na axenda.

Once escritos en borrador

Escolles o tipo, escribes en dúas liñas que debe dicir e a IA redáctao cos datos do expediente e os artigos que veñen ao caso. Revísalo na pantalla, gárdalo e ábreslo en Word.

  • Demanda
  • Contestación
  • Recurso
  • Escrito de trámite
  • Burofax
  • Carta ao cliente
  • Informe do asunto
  • Folla de encargo
  • Notas para a vista
  • Guión dunha presentación
  • Escrito libre

Próbao co teu propio despacho de demostración

Nun minuto tes un despacho con clientes, expedientes e prazos de exemplo para probalo todo, tamén a intelixencia artificial. Trinta días, sen tarxeta e sen compromiso.

Crear a miña demostración Pedir orzamento