LexTotal

Seguridade

Os teus datos e o segredo profesional

Levas datos de clientes e asuntos que non poden saír do despacho. Así os protexemos.

Cada despacho, illado

Os expedientes, clientes e documentos dun despacho só os ve ese despacho.

Documentos fóra da web

Os ficheiros non están na parte pública do servidor e só se descargan coa sesión do despacho aberta.

Dobre factor ao entrar

Ademais do contrasinal, a primeira vez que entras desde un ordenador pedímosche un código que chega ao teu correo.

Contrasinais que ninguén pode ler

Gárdanse transformados de forma que non se poden recuperar, tampouco nós. Toda a web vai cifrada por HTTPS.

Formularios protexidos

As altas, a recuperación do contrasinal e o contacto levan un captcha propio, sen servizos de terceiros nin cookies de publicidade.

Contrato de encargo do tratamento

Ao darte de alta aceptas o contrato que esixe a lei: ti es o responsable dos datos dos teus clientes e nós tratámolos só para prestarche o servizo.

A IA, cando ti queiras

Sobre os teus documentos está apagada por defecto. Acéndea o titular do despacho despois de ler que se envía e a quen.

Servidores na Unión Europea

Os datos do despacho gárdanse en servidores da Unión Europea. Se activas a IA sobre os teus documentos, o documento que mandas ler envíase ao seu provedor, como explica o contrato.

Expediente compartido, con control

Cando compartes un asunto con outro profesional, só ve o que ti marcas, e podes cortar o acceso en calquera momento.

Ler o contrato de encargo do tratamento · Condicións de uso

Somos un servizo informático, non un despacho de avogados

Lex Total é un programa e unha web: tecnoloxía para que avogados e procuradores traballen mellor. Os que o facemos non somos un despacho nin xuristas; non asesoramos, non levamos asuntos e non opinamos sobre ningún caso. Os escritos, os prazos e as decisións son sempre do profesional.

Próbao co teu propio despacho de demostración

Nun minuto tes un despacho con clientes, expedientes e prazos de exemplo para probalo todo, tamén a intelixencia artificial. Trinta días, sen tarxeta e sen compromiso.

Crear a miña demostración Pedir orzamento